Estamos moi satisfeitos de anunciar que o traballo PIM, PAM, CLOWN, de Tomás Afán Muñoz, publicado na Colección de Teatro ASSITEJ España, vén de ser traducido e publicado ao italiano e ao sardo pola editorial Condaghes.
Trátase dun texto para o público xuvenil, no que se desenvolven as principais características do pallaso: inxenuidade, presunción, curiosidade, asombro... A partir destes personaxes tómase unha trama arredor da guerra, que sempre se adereza con humor e certo surrealismo, facendo fincapé nas tremendas doses de esperpento que sempre hai detrás de calquera enfrontamento armado.