Mañá comeza DÍA, MOSTRA. Xornadas de teatro contra a violencia machista, que dende Helvética Organizámolo conxuntamente co Instituto de Investigación Feminista da Universidade Complutense e o Espazo Juana Doña do Concello de Madrid. Tres días de lecturas dramatizadas, mesas de debate e montaxes teatrais, e unha fermosa exposición de collage comisariada por Marta Leiva.
Mañá comezaremos ás 16:30 coa lectura de O que chega a casa (e outras árbores), de Nieves Rodríguez Rodríguez, gañadora do Premio de Teatro Infantil da SGAE 2017 É un texto delicioso que nos ensina moitas cousas.
No Centro Cultural Casa del Reloj (a carón de Matadero).
A entrada é gratuíta e estades todos convidados a acompañarnos...