TYA UK e TYA Ireland teñen o pracer de anunciar o Programa Next Generation como parte do Encontro Internacional On the Edge Festival/ASSITEJ que terá lugar do 2 ao 9 de xullo de 2016.
O Programa Next Generation está aberto a novos artistas emerxentes (menores de 36 anos) de calquera país interesados na práctica do teatro infantil e xuvenil e na colaboración internacional.
Durante os 9 días do Festival Internacional desenvolverase un programa especial para os participantes que incluirá:
- Actuacións no festival de compañías do Reino Unido, Irlanda e de todo o mundo
- Clases maxistrais e obradoiros dirixidos por profesionais.
- Unha oportunidade para examinar a idea do "liderado cultural", apoiando a próxima xeración no teatro.
- Debates sobre prácticas e investigacións punteiras como parte do tema do simposio.
A residencia tamén incluirá unha introdución á obra de Shakespeare no marco do 400 aniversario da morte do dramaturgo en relación coas prácticas novas e experimentais.
Os participantes terán a oportunidade de participar co Festival On the Edge mentres crean conexións fortes e significativas con artistas de todo o mundo. Tamén haberá a oportunidade de coñecer os anteriores participantes do Programa Next Generation a través dun evento especial da Rede.
Hai un máximo de 20 participantes. O aloxamento, as entradas e a inscrición no Festival correrán a cargo do festival. Os participantes deberán cubrir os seus propios gastos de viaxe. É posible que ASSITEJ poida ofrecer algunha axuda co custo das entradas.
Os que esteades interesados, enchede en inglés e envíades o Formulario de Solicitude que podedes atopar premendo aquí, así como un CV en inglés e unha foto actualizada antes do 15 de abril ao enderezo de correo electrónico [email protected]
O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de setembro de 2015. A lingua de traballo será o inglés.