Temos o pracer de convidarvos ao II CONCURSO DE TEATRO XOVEN SIMPROTA. Dado o éxito da pasada edición entre público e colectivos (podedes ver vídeos e información premendo aquí), consideramos a pena poñer en marcha a segunda edición, que segue basicamente as directrices do ano pasado. Tamén incluímos a II EDICIÓN DE ESCRITURA TEATRAL SIMPROTA-EDICIONES ANTÍGONA, para os que escribides teatro. Lembrámosvos que este concurso baséase nunha filosofía de valores que guiará ao xurado nas súas decisións (filosofía simpática). Tamén mantemos case os mesmos premios que na pasada edición e o PREMIO SIMPROTA Á CREACIÓN COLECTIVA segue a ser o premio máis valorado con 500 euros.
Animámosvos a participar, o teatro debe ser unha forma de resistencia, unha actividade de expresión necesaria para alumnado e profesorado. Por iso e porque cremos na cultura de base, puxemos en marcha esta segunda edición a pesar das dificultades, a pesar do descrédito que a cultura e a educación están a sufrir na actualidade. Así que moito teatro.
Podes descargar as bases premendo nesta ligazón: Bases do Concurso Simprota