Os días 9 e 10 de decembro de 2021 tivo lugar en Madrid o II Encontro Nacional de Danza Infantil e Xuvenil convocado por ASSITEJ España. Ao encontro asistiron representantes dun total de 14 asociacións profesionais de danza a nivel autonómico e estatal, con representantes de 10 comunidades autónomas, co obxectivo de identificar accións conducentes á visibilización, valoración e promoción da danza infantil e xuvenil.
As xornadas estructuráronse en torno a tres mesas de traballo arredor dos temas de Educación, Especificidade da danza infantil e xuvenil e Investigación. As mesas acolleron a presentación de traballos e proxectos en marcha, a diagnose de problemas, a identificación de obxectivos e a proposta de estratexias. A avaliación do encontro deu como resultado a identificación de 15 puntos estratéxicos clave para a visibilidade, valoración e promoción da danza infantil e xuvenil en España.
Os 15 puntos estratéxicos expostos a continuación resumen os diagnósticos, obxectivos e estratexias tratadas durante o encontro co obxectivo de articular accións de cambio a nivel municipal, autonómico e estatal para mellorar as condicións do sector da danza, centrándose na infancia e a mocidade:
Os 15 puntos estratéxicos que se detallan neste documento amosan os obstáculos máis acuciantes para o sector da danza infantil e xuvenil. Cada un deles incorpora estratexias que, mediante a súa valoración, planificación e aplicación por parte dos profesionais técnicos de cada un dos ámbitos descritos, suporían importantes cambios no mundo da danza ao servizo dos nenos, nenas e mozos.
Este documento pode constituír, polo tanto, un mapa de obxectivos e actuacións que ASSITEJ e o resto de organizacións e axentes implicados poden asumir como propios tanto no seu labor de interacción coas Administracións e Institucións Públicas (incidencia), como na estruturación sectorial e profesional.
