Amaranta Osorio
Amaranta Osorio é autora, actriz e xestora cultural. Licenciada en Dramaturxia pola RESAD. Desde 2019, é beneficiaria do Sistema Nacional de Creadores de Arte do FONCA (México). Recibiu o Premio Calderón de Literatura Dramática, o Premio Jesús Domínguez de Textos Teatrais, o Premio de Teatro Caja Madrid Exprés, unha mención honorífica do Premio Dolores de Castro e varios premios de curtametraxe. As súas obras foron presentadas en América e Europa e traducidas a catro idiomas. Máis información en amarantaosorio.es
Itziar Pascual
Itziar Pascual é dramaturga, investigadora, profesora e xornalista. Recibiu o Premio Nacional de Artes Escénicas para a Infancia e a Mocidade 2019; o Premio ASSITEJ España por *Mascando ortigas*; o Premio do Concurso de Textos Infantís da Escola de Teatro de Navarra por *Aroma de vainilla*; o Premio de Teatro Infantil da SGAE por *La vida de los salmones*; e o Premio Morales-Martínez de Teatro Infantil por *Ainhara (Poema dramático)*. É autora do ensaio *Suzanne Lebeau. Las huellas de la esperanza*.
















